Data/hora
Data(s) - 04/02/2022
Hora 18:00 - 19:00
A hora dos contos: Coser e Cantar. Marta Ortiz
Con fío, agulla e dedal enfíame un conto xa! Comezamos a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, coplas, cancións en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan. Contos tan antigos como o oficio da costura. Puntada a puntada percorreremos mundos onde os fíos falan, as caixas de costura abren as portas da fantasía e os bastidores de bordar son ventás onde asomarse a historias prohibidas. Neste espectáculo atoparemos narración oral, música, teatro de obxectos e pezas enlazadas polas coplas do Cancioneiro da Agulla. Unha homenaxe ás mulleres de mans sabias que foron as primeiras narradoras e transmisoras de coñecemento.
Idade
A partir de 3 anos.
Prazas
Aforo limitado.
Inscrición
A partir do 25 de xaneiro ás 10.30 h
A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Medidas seguridade extraordinarias COVID-19
Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes
-
- Uso obrigatorio da máscara en todo momento
- Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables
- Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos
- Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca
- Aforo limitado
- Asentos asignados
- Rexistro das persoas asistentes
- Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada
As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade.
Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas