Data/hora
Data(s) - 21/02/2025
Hora 18:00 - 19:00
A hora dos contos: Marta Ortiz. Casa, casiña, casona. Día Internacional da Lingua Materna
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Este mes de febreiro visítannos a contadora Marta Ortiz co espectáculo
“Casa, casiña, casona”
Pum, pum!
Quen é? Quen chama á miña casa, casiña, casona?
Imos visitar casas grandes, diminutas, casas que caben na man, casas-zapato, casas de fío,
casas-maleta que viaxan polo mundo…
Tamén imos coñecer aos seus habitates: animais que falan, obxectos cotiás e máxicos,
familias diversas e asombrosas…
A casa é o símbolo do colo amoroso que nos acolle nos primeiros anos de vida, o colo que
nos arrola, abraza e protexe. A casa é o fogar, o centro do mundo na primeira infancia. E
está chea de portas e ventás que se abren ao mundo e que nos convidan a descubrilo. Cada
quen ao seu ritmo, levada pola súa propia curiosidade.
Un espectáculo para primeira infancia e as súas familias baseado no asombro, a transmisión
do amor a través da lingua galega e a palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións de
dedos, trabalinguas, arrolos, poemas… que forxan os cimentos da casa que construimos ao
longo das nosas vidas.
Idade
Público infantil dende 3 anos
Prazas
Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas