Data/hora
Data(s) - 02/06/2023
Hora 19:30 - 20:30
Cerimonia do Té: Un encontro, unha oportunidade
Yerma Alonso Harada, profesora de xaponés na EOI de Vigo ofrécenos esta pequena achega a esta cerimonia, onde tomar o té convértese nunha arte en si mesma que fala da beleza e do contacto do ser humano coa natureza.
En Xapón, accións que podemos considerar cotiás adquiren un forte carácter cerimonioso para arraigalas á súa intensa cultura espiritual. Tomar o té para eles non é unha mera actividade. A cerimonia do té ou Chanoyu é un acto de alta relevancia social e que responde a unha longa tradición cunha gran carga simbólica.
Idade
Público adulto
Prazas
Aforo limitado.
Inscrición
A partir das 10.30 h do 23 de maio
A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas