Data/hora
Data(s) - 20/01/2020
Hora 19:00 - 20:30
Ciclo de cine: Océano sen rostro
Ciclo de cine: Océano sen rostro
Dirección, creación, dramaturxia, interpretación, coreografía e voz: Merche Pérez.
Gravación, edición, fotografía e son: J. Pablo Pintor.
A curtametraxe, en branco e negro, destaca pola poesía visual das imaxes e pola expresividade que cobra o corpo da actriz, Merche Pérez, así como pola forte relación que se establece entre as accións que esta desenvolve, os estados polos que pasa e o son do mar, da música e da voz da intérprete.
A peza ten un traballo previo moi importante de composición da dramaturxia a partir dunha serie de referentes: os poemas de Manoel Antonio en De catro a catro; diferentes personaxes femininas, mitolóxicas como Calipso, as Moiras… e tamén Ofelia; o traballo de Rudolf von Laban arredor das accións básicas do esforzo; as cantigas tradicionais… Pérez, actriz, coreógrafa e bailarina, partiu das artes escénicas para crear esta peza, e foi en colaboración co fotógrafo J. Pablo Pintor que a foi adaptando á linguaxe audiovisual.
Aforo limitado
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas