
Data/hora
Data(s) - 17/06/2025
Hora 18:00 - 19:00
Contacontos musicalizado: Piratrans Carabarco
Dentro dos actos do Orgullo Crítico LGTBI+ 2025, e en colaboración coas asociacións Nós Mesmas e Avante LGBT+ Vigo, a biblioteca acollerá un contacontos musicalizado baseado no álbum ilustrado Piratrans Carabarco, da editorial La calle.
Trátase dunha obra innovadora que promove a diversidade sexo-xenérica e a igualdade desde idades temperás. A través das ilustracións de simpáticos piratas e múltiples historias cheas de humor, foméntase a idea de que todas as persoas somos iguais, con independencia do aspecto físico ou da identidade: unhas son calvas, outras persoas levan pendentes, pulseiras ou parche no ollo… e todas son auténticas piratas.
O protagonista, Carabarco, é un piraTrans valente e orgulloso, que navega libre polos sete mares coa súa chistera e as súas historias, demostrando que ser diferente non significa ser menos.
A actividade está pensada para público familiar e combinará narración oral con música en directo, ofrecendo unha experiencia divertida, educativa e chea de diversidade.

Idade
Público infantil dende 3 anos

Prazas
Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas