Data/hora
Data(s) - 09/06/2022
Hora 19:00 - 20:00
CONTOS DA LINGUA
Contos da lingua é unha divertida sesión de contos para tódolos públicos a cargo das alumnas e alumnos do CIOV, o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo creado polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Vigo.
Animádevos grandes e pequenos a gozar das historias!!
Prazas
Aforo limitado.
Inscrición
A partir do 23 de maio ás 10.30 h
A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas