
Data/hora
Data(s) - 30/01/2026
Hora 19:30 - 20:30
CONTOS DAKÍ: Caxoto
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotiandade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Caxoto.

Prazas
Aforo limitado.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

