Data/hora
Data(s) - 27/10/2023
Hora 19:30 - 20:30
CONTOS DAKÍ: Caxoto. Contos con mar de fondo
Contos Dakíé un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Felipe Caxoto.
Contos con mar de fondo
Aínda que nunca se afastou da costa máis dunha milla mar adentro Caxoto é un home de mar, cando menos filoxeneticamente. Bisneto, neto e fillo de armadores e mariñeiros, o mar corre polas súas veas e a súa memoria dende o mesmo momento de nacer.
Ao longo da súa traxectoria como narrador oral Caxoto foi atesourando un rico repertorio mariñeiro de contos, lendas, anécdotas e feitos históricos que agora decidiu enfiar neste espectáculo de narración oral. Un espectáculo para os cinco sentidos cheo de salitre, mar picada e vento zoando.
Contos da emigración, contos mariñeiros, historias de conquistas, cantigas de ribeira, a galerna do 61… sesenta minutos de viaxes transoceánicas baixo o pulso intenso, emocional e retranqueiro que caracteriza o seu contar.
Prazas
Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas