Data/hora
Data(s) - 31/01/2025
Hora 19:30 - 20:30
Contos Dakí: Dani Blanco e Zé Pumar
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotiandade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Dani Blanco acompañado do acordeonista Zé Pumar.
De Neira Vilas a Brassens
Disque cando unha bolboreta axita as súas ás en Australia, pode provocar un furacán en América. Tamén chamada teoría do caos. A revolución do caos, non chega cunha bolboreta, nace con Neira Vilas, mellor con “Memorias dun neno labrego”, e xa non hai volta atrás, arrástrao todo. Unha revolución que nos vai levar desde Bos Aires ata a caída do muro de Berlín. Esta viaxe vai facer parada en maio do 68, nas barricadas de París, na chegada dos Tamara a sala Olympia, Lacán e ata un boxeador ruso afincado en Cangas sempre acompañados da música de Brassens. Unha banda sonora en francés que nos vai acompañar neste camiño da revolución provocada por “Memorias dun neno labrego”. Sempre en clave de humor. É un espectáculo que se estreou en xullo do 2024 no Festival Atlantica de narración oral.
Prazas
Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas