Data/hora
Data(s) - 22/12/2023
Hora 19:30 - 20:30
Contos Dakí: Dani Blanco. Murmuraban as miñas veciñas
Contos Dakíé un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o actor e contador Dani Blanco.
Murmuraban as miñas veciñas
Un conto nunca se conta igual dúas veces. O contexto e a memoria vainos alimentando.
Historias vivas recollidas para ser contadas de viva voz. Contos de mulleres bravas do Morrazo que levaron a vida que querían levar. Unha mistura entre a ficción e a realidade, entre a fantasía e os feitos inmutables, contadas sempre dende o humor.
Para pasar da emoción á risa sen decatarse.
Prazas
Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas