Data/hora
Data(s) - 18/12/2020
Hora 19:30 - 20:30
Contos Dakí: Quico Cadaval
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Quico Cadaval.
Prazas:
Aforo limitado.
Inscrición:
A partir das 10.30 h do 1 de decembro
Os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 h do 15 de decembro. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Normas das actividades:
Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes
-Uso obrigatorio de máscara
-Uso do xel hidroalcohólico
-Facer previa inscrición
-Separación entre os grupos de 1,5m
-Aforo limitado
As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade.
Se as condicións metereolóxicas son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas