
Data/hora
Data(s) - 16/05/2025
Hora 19:30 - 20:30
Día das Letras Galegas. Serán coas Pandereteiras de A Buxaina
Este ano, para celebrar o Día das Letras Galegas —dedicado ás Cantareiras—, desde a biblioteca organizamos un serán moi especial co Grupo de Pandeireteiras A Buxaina. Convidámosvos a todas as persoas a compartir unha tarde de música, baile e tradición.
As Pandeireteiras de A Buxaina naceron en 1985 como parte do grupo de baile co mesmo nome. A partir de 1995 comezaron a actuar de maneira independente, levando a nosa música tradicional por diferentes escenarios. Coa dirección de Margó Gaioso Lago, o grupo incorporou novas técnicas vocais e outros instrumentos de percusión tradicional, como o pandeiro ou a pandeira.
O seu repertorio baséase na recuperación de pezas aprendidas das persoas maiores nas aldeas, mantendo viva a nosa memoria colectiva. Ao longo da súa traxectoria, A Buxaina recibiu recoñecementos como o primeiro premio no Certame Interritmos ou a súa participación no Festival de la Luz.
Unídevos a nós para gozar dunha tarde onde tradición e celebración van da man, homenaxeando ás voces que dan forma á nosa cultura.

Prazas
Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas