Data/hora
Data(s) - 20/03/2021 - 31/03/2021
Hora 10:30 - 20:30
Día Mundial da Poesía
Para celebrar o Día da Poesía (21 de marzo) a biblioteca propón ao seu público usuario varios xogos de creación poética.
Por unha banda, realizaremos unha proposta na biblioteca para (re)crear diferentes poemas e atopar os versos ocultos entre as follas dos libros, a tamén chamada “Black Poetry”.
Por outra banda, propoñeremos xogos de creación poética nas nosas redes sociais.
Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes
As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade.
Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas