Data/hora
Data(s) - 31/01/2024
Hora 19:30 - 20:30
Encontro con Antonio Muñoz. Os veciños de Lavadores vítimas do Holocausto
Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto
Cada ano, en torno ao 27 de xaneiro, a UNESCO rende tributo á memoria das vítimas do Holocausto e ratifica o seu compromiso de loitar contra toda forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra determinados grupos humanos. O 27 de xaneiro conmemórase a liberación en 1945 polas tropas soviéticas do campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau. Esa data foi oficialmente proclamada, en novembro de 2005, Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto.
Dende a Biblioteca Neira Vilas queremos sumarnos a este tributo cunha charla ofrecida por Antonio Múñoz arredor dos españois e, en concreto, dos veciños de Lavadores que foron vítimas nestes campos de concentración.
Prazas
Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas