Data/hora
Data(s) - 01/11/2022 - 30/11/2022
Hora 10:30 - 20:30
José Saramago. Recomendación do mes
O 16 de novembro de 2022 celébrase o centenario de José Saramago. Está é unha oportunidade privilexiada para consolidar a presenza do escritor na historia cultural e literaria.
Poeta e escritor portugués, José Saramago foi unha das voces máis importantes da literatura portuguesa de todos os tempos. Galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1998, foi coñecido internacionalmente tanto pola súa obra literaria como polo seu posicionamento político.
Alzado del suelo (1980) foi a novela que o marcou como o gran novelista maduro e renovador portugués. Seguiron obras como Memorial del convento (1982), El año de la muerte de Ricardo Reis (1984), La balsa de piedra (1986), Historia del cerco de Lisboa (1989), El evangelio según Jesucristo (1991) ou Ensayo sobre la ceguera (1995).
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas