
Data/hora
Data(s) - 25/03/2025
Hora 19:00 - 20:00
MESA DO TEATRO: Teatro para ler?
Mesa redonda: “O teatro como espazo de creación”
A Biblioteca Neira Vilas de Vigo e Biblioteca-Centro documentación do MARCO convidan a todos os amantes do teatro e da literatura a participar nunha actividade única, organizada en colaboración cos nosos clubs de lectura.
Este ano, os clubs lerán en común o libro Los huerfanitos de Santiago Lorenzo, unha obra que nos mergulla no fascinante mundo do teatro. Para complementar esta experiencia lectora, organizamos unha mesa redonda sobre teatro que contará con convidados de excepción:
• Paula Carballeira, Premio Nacional de literatura Dramática 2023, actriz e narradora.Compañía Cía.Berrobambán
• Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego
• Xesús Ron, de Chévere, compañía galardoadoa co Premio Nacional de Teatro 2014.
• Moderará o encontro Camilo Franco, xornalista e escritor.
Nesta mesa redonda propoñemos reflexionar sobre o teatro como xénero literario, explorando temas como a relación entre o texto dramático e a representación escénica, a escaseza de publicacións dos textos teatrais que se representan cada ano, o que provoca a perda dun importante corpus cultural, ou a desconexión entre os premios literarios de teatro e a posibilidade de que as obras galardoadas sexan representadas.

Idade
Para público adulto

Prazas
Aforo limitado, ata completar capacidade.
Ubicación
Príncipe - Museo Marco