
Data/hora
Data(s) - 04/07/2025
Hora 11:00 - 13:00
Obradoiro creativo: Conservas O Noso
Conservas O Noso
“Conservas O Noso” é un obradoiro de arte urbana enfocado na conservación do patrimonio cultural galego.
Envasaremos tradicións e costumes en latas de conserva creadas e etiquetadas polos participantes co obxectivo de involucralos na preservación da nosa identidade cultural.
Esta actividade non só busca fomentar a creatividade, senón tamén destacar a importancia de coñecer e compartir as raíces culturais galegas. Unha combinación de diversión e conservación nun contexto lúdico e educativo que contribue á conexión dos participantes coa nosa herdanza.

Idade
Público infantil dende de 6 anos

Prazas
Aforo limitado.

Inscrición
A partir do 18 de xuño
A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas