Data/hora
Data(s) - 25/06/2021
Hora 19:30 - 20:30
Sorpresa!. Arantxa Treus
Esta obra de micro-teatro é unha festa de aniversario que Nora (Arantxa Treus), esposa fiel e nai entregada (e empastillada) lle prepara ao seu marido Alvarito de las Heras polo seu 40 aniversario. Quen levará a SORPRESA?
SORPRESA é unha homenaxe ás nosas nais, mesmo a nós mesmas. É unha historia de segundas oportunidades e de mulleres empoderadas, mulleres que a pesar de non telo fácil, e de criarse baixo unha educación machista, din basta e toman as rendas da súa vida.
SORPRESA é unha comedia dramática, cunha linguaxe clara e moi directa onde se tratan
temas como a amizade, a maternidade, a sexualidade ou a relixión.
Prazas
Aforo limitado.
Inscrición
A partir das 10.30 h do 1 de xuño
A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Medidas seguridade extraordinarias COVID-19
Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes
-
- Uso obrigatorio da máscara en todo momento
- Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables
- Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos
- Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca
- Aforo limitado
- Asentos asignados, cun perímetro de seguridade de 1,5 m, salvo persoas conviventes
- Sinalización informativa (carteis informativos e adhesivos no chan)
- Rexistro dos asistentes, coa información de contacto, en caso de solicitude por parte das autoridades sanitarias
- Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada
As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade.
Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas