Data/hora
Data(s) - 12/09/2023
Hora 19:30 - 20:30
Terrazas de verán: Encontro con Arantza Portabales
Aproveitamos as últimas tardiñas do verán para saír á rúa e realizar unha serie de actividades de dinamización cultural que terán a literatura como protagonistas.
Biografía
Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa como funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia.
Comezou a escribir en 2013, no xénero do microrrelato. Mantén activo o blog de microficción Una nube de historias no que publica regularmente microficción.
Con Deixe a súa mensaxe despois do sinal (2017) foi finalista do Premio San Clemente e do Premio Novela Europea Casino de Santiago. A novela foi traducida ao español, italiano, alemán e hebreo.
En 2019 publicou a novela negra Beleza Vermella ao mesmo tempo en galego (Galaxia) e castelán (Lumen). Tamén traducida ao italiano.
Tamén e autora de Historias dementes (2020), Vida secreta de Úrsula Bas (2021), e O home que matou a Antía Morgade (2023).
Prazas
Aforo limitado.
Ubicación
Terraza Biblioteca