Data/hora
Data(s) - 08/09/2022
Hora 19:30 - 20:30
Terrazas de verán: Falemos de Vigo dende as Marxes con Xurxo Martínez
Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde é un libro con relatos breves que retratan máis o rostro máis solidario da cidade. 40 relatos ficcionados a partir de feitos reais que sucederon nas prazas e rúas que nós andamos cada dia. 40 historias ateigadas de datos do Vigo máis popular, humilde e culto.
A quen se dirixe?
A quen teña interese en coñecer nomes e sucesos de grande importancia na historia de Vigo pero que foron, por un ou outro motivo, esquecidos. Calquera persoa que teña paixón pola historia local, calquera persoa que desexe saber como se fixo a cidade dende as pequenas vitorias das xentes máis humildes.
Prazas
Aforo limitado.
Inscrición
A partir das 10.30 h do 17 de agosto
A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Ubicación
Terraza Biblioteca