Data/hora
Data(s) - 15/05/2024
Hora 17:00 - 18:30
VII Intervención artística urbana “Sentada na Rúa”
Actividade realizada con APAMP
A asociación APAMP volve á rúa na súa sétima intervención artística urbana baixo o título “Sentada na Rúa”.
Esta intervención ten dous obxectivos: o primeiro é afastar un obxecto tan común como é unha cadeira do seu uso cotián e darlle un novo significado dentro do espazo, de forma que poidamos convertir unha simple cadeira nun obxecto que active a nosa memoria -a través de recordos e experiencias- e espertar así as nosas emocións.
O segundo obxectivo é rachar co consumismo masivo, coa obsolescencia programada que crea no comprador a necesidade de renovar os produtos a pesares de que a súa vida útil non rematara. Así, pretendemos devolver a utilidade e darlle unha nova vida a eses obxectos que nalgún momento se catalogaron como desperdicios, outorgándolles un novo valor como obras de arte.
A biblioteca súmase a esta iniciativa participando na creación dunha destas cadeiras, polo que podes unirte e participar con nós axudándonos a decorala para que forme parte desta intervención e da memoria e o traballo colectivo.
Prazas
Esta actividade é sen inscrición.
Ubicación
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas