Este ano baixamos á Feira do Libro coa vista posta nas Olimpíadas, que comezaron finalmente en Toquio o pasado 23 de xullo, despois de ter que ser canceladas o ano pasado.
O comité bibliolímpico decidiu presentar unha escolma da mellor literatura relacionada co mundo dos deportes e animarvos a afondar neste diálogo literario-deportivo resolvendo o noso Rosco bibliolímpico!
Medalleiro bibliolímpico
Vigo 2021
01/07/2021 – 10/07/2021
Medalleiro olímpico galego
Tokyo 2020
23/07/2021 – 08/08/2021
Amplo conxunto de probas deportivas divididas en carreiras, saltos e lanzamentos e cuxa proba internacional máis coñecida son os Xogos Olímpicos.
É o deporte que practican tanto Genet Mullugueta, protagonista da novela de María Reimóndez Corredora como Harold Abrahams, protagonista do mítico film británico Carros de fuego (1981)
Atletismo
Ana Peleteiro (Ribeira)
Triple salto – Bronce
Balonmán
Neste deporte participan dous equipos de sete deportistas, que deben, coa axuda das mans, introducir a pelota na portaría do equipo contrario. Foi introducido por primeira vez nos Xogos Olímpicos de Berlín (1936) e despois dun longo período de ausencia, volveu de novo ao programa en Múnich 72 na modalidade masculina, mentres que a feminina non o fixo ata Montreal 76.
No cine, a comedia Machan (2008), dirixida polo italiano Uberto Pasolini, conta a historia dun grupo de marxinados en Colombo (Sri Lanka) que se ven sometidos a todo tipo de presións ata que reciben unha invitación para asistir a un torneo de balonmán en Baviera. É a reposta ás súas pregarias: un billete de ida a Occidente que solucionará todos os seus problemas. A cinta obtivo o Premio Label Europa Cinemas no Festival de Venecia, entre outros.
Rodrigo Corrales (Cangas)
Selección Olímpica de balonmán – Bronce
Deporte rei do noso país ao redor do cal discorre a trama de numerosas novelas: El regate, de Sergio Rodrígues, Tarxeta vermella de Xosé Miranda, 49 goles espectaculares, de Davide Martini, O penalti de Fuco, de Afonso Eiré, Mercado de invierno, de Philip Kerr…
Fútbol
Iván Villar (Aldán – Cangas)
Selección Olímpica de fútbol – Prata
Deporte de competición dos Xogos Olímpicos de Verán dende 1936 en Berlín, no que hai dúas disciplinas de competición (slálom e augas tranquilas) e no que se usan dous tipos de embarcacións: a canoa e o caiac.
As Leñadoras, creadas por Noelle Stevenson e Shannon Watters practícano a miúdo nas súas aventuras no Campamento Miss Quinzella Thiskwin Penniquiqul Thistle Crumpet para Mozas Hardcore.
Piragüismo
Teresa Portela (Aldán – Cangas)
K1-200m – Prata
Rodrigo Germade (Cangas)
Carlos Árevalo (Betanzos)
K4-500m – Prata
Neste deporte, olímpico dende París 1900 (en Atenas 1896 non se puido celebrar o certame a causa da meteoroloxía adversa), compiten distintas clases de embarcacións propulsadas polo vento, cuxo obxectivo é chegar a primeira realizando un percorrido que se define por uns puntos de paso.
O escritor Jack London, gran amante do mar e un mestre das novelas de aventuras, relata na súa obra “El crucero del Snark” (1911) unha travesía real: a súa propia viaxe polo Océano Pacífico a bordo dun veleiro de 15 metros, que lle custou unha verdadeira fortuna e no que case perde a vida a causa dos graves defectos que posuía a embarcación. A determinación e o espírito aventureiro que guiaba á tripulación levounos ata Hawai, de alí ás illas Marquesas e máis tarde ata as illas Salomón, nun periplo de dous anos recollido neste relato onde se combinan a aventura e a navegación co interese científico dun verdadeiro antropólogo.
Vela
Nicolás Rodríguez (Vigo)
Clase 470 – Bronce
Bibliolimpíadas
Vigo – París 2024
Volveremos na próxima cita bibliolímpica