O venres 24, ademais da sesión de Entre arrolos e contiños, tivemos unha festa de pixamas de peluches!
Quedaron a durmir na biblioteca toda a fin de semana e leron moitos contos, viron algunha que outra película, fixeron trasnadas e durmiron todos xuntiños. O luns, os nenos e nenas voltaron a por eles, e ademais do seu peluche levaron unha sorpresa: unha carta escrita por eles e fotos con recordos da fin de semana, ademais do conto que máis lle gustou para lelo outra vez na casa.