Un ano máis celebramos a festa de pixamas para peluches, na que convidamos ás nenas e nenos a deixar durante a fin de semana aos seus amigos de trapo na biblioteca. Foron uns días moi divertidos nos que leron contos, xogaron, fixeron novas amizades e mesmo nos axudaron a traballar! Tampouco faltaron ricas merendolas e algunha que outra trasnada…
Ao remate deste mini campamento, cada peluche escribiu unha carta contando a súa experiencia e levou para casa o seu conto favorito para lelo de novo en familia.
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2023/07/peluches_6-1024x683.jpg)
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2023/07/peluches_5-1024x683.jpg)
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2023/07/peluches_4-1024x683.jpg)
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2023/07/peluches_2-1024x683.jpg)
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2023/07/peluches__3-1024x683.jpg)
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2023/07/peluches_1-1024x683.jpg)
![](https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/wp-content/uploads/2023/07/peluches_7-1024x683.jpg)