Nesta chegada da primavera, as entidades de Social Calvario unímonos para celebrar a popular festa dos Maios.
Esta xuntanza permitiunos gozar dunha mañá onde tivo lugar unha colaboración grupal para a decoración dos Maios, ademais de baile e música grazas ao grupo musical “Acordeireta”.
Rematamos a festa cos versos de Curros Enríquez:
Aí vén o maio
de frores cuberto …
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
(…)