Más allá del invierno

Allende, Isabel

XéneroAnoClasificación
Vida cotiá2017Adulto

A autora chilena Isabel Allende naceu nunha familia de diplomáticos, sendo o seu pai embaixador de Chile en Perú. Debido a isto creceu e estudou en países como Perú, Bolivia, Líbano ou Chile.

Establecida nun primeiro momento en Santiago de Chile, Allende traballou como xornalista para revistas infantís ou para mulleres. Tras o golpe de estado en Chile a principios dos anos setenta, Allende exiliouse primeiro a Venezuela, onde publicou a súa primeira obra    “La casa de los espíritus”, obra que se converteu en todo un fenómeno internacional e que foi levada ao cinema e ao teatro. A partir dese momento, decidiu dedicarse por completo á literatura, desenvolvendo unha notable carreira.

É unha das escritoras en lingua española máis lidas de todos os tempos e publicou tanto novela como contos infantís e teatro. Gran parte da súa obra catalógase dentro do realismo máxico, aínda que tamén se adentrou na novela policíaca e histórica. A súa linguaxe é sinxela, clara e cun marcado compoñente feminista.

Ao longo da súa carreira vendeu millóns de copias dos seus libros, con traducións a multitude de idiomas. De entre a súa produción cabería destacar títulos como ”Eva Luna”, “El amante japonés” o “Hija de la fortuna”.

Catálogo Isabel Allende

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=isabel+allende&branch_group_limit_txt=Vigo+-+Biblioteca+P%C3%BAblica+Municipal+Xos%C3%A9+Neira+Vilas&branch_group_limit=branch%3AVIGO1