Existen moitas formas de coñecer un país, tamén a través da súa literatura. Chile é o exemplo perfecto xa que se considera unha das maiores potencias literarias de Sudamérica.
É coñecido como “o país dos poetas” pola importancia que os autores e autoras chilenos tiveron neste xénero literario, entre os que destacan Gabriela Mistral, premio Nobel de Literatura en 1945, Vicente Huidobro ou Pablo Neruda, entre outros. Pero hai moito máis por descubrir na súa literatura.
Para constatalo, contaremos tamén cun encontro co escritor chileno Marcelo Simonetti.