Tras a Resolución da Alcaldía de data 15 de marzo coa adopción de novas medidas extraordinarias, o funcionamento da BPM Xosé Neira Vilas prevista durante os días de peche será o seguinte:
- Posto que o persoal da biblioteca debe permanecer nos seus domicilios, suspéndese a atención telefónica ao público.
- Atenderanse os correos electrónicos dirixidos ao enderezo bpneiravilas@vigo.org
RENOVACIÓN AUTOMÁTICA DE PRÉSTAMOS VENCIDOS
- Para maior comodidade de todas as persoas usuarias, dende a Rede de Bibliotecas de Galicia acordouse que todos os préstamos que tiñan a data de vencemento a partir do 13 de marzo quedan prorrogados automaticamente ata o final da corentena.
- As reservas de documentos quedarán pospostas ata a reanudación da actividade normal.
- Para calquera dúbida ou aclaración pode dirixirse á biblioteca por correo electrónico: bpneiravilas@vigo.org
PREGAMOS DISCULPEN AS MOLESTIAS