Préstamo de portátiles en sala
A biblioteca dispón de 2 portátiles para o préstamo das persoas usuarias. As persoas que soliciten este servizo poderán facer uso dos mesmos dentro da sala da biblioteca.
Para disfrutar deste servizo tan só é preciso ser usuario/a con carné da biblioteca e ser maior de 18 anos.
Ao igual que para o resto de documentos da colección da biblioteca, para facer efectivo o préstamo dos portátiles en sala, as persoas usuarias deberán presentar o carné de la biblioteca e non ter préstamos fóra de prazo nin sancións.
Cada persoa usuaria pode ter en préstamo un so equipo. O uso do portátil queda limitado exclusivamente ao recinto da biblioteca e, polo tanto, ningún equipo se pode levar fóra da mesma.
O período máximo de préstamo é o mesmo día, en quenda de mañá ou tarde e é obrigatorio devolver o portátil 1/2 hora antes do peche da biblioteca.
Incumprimento das normas
O incumprimento das normas, que se establece e que acepta ao facerse socio/a, supón a suspensión do servizo de préstamo de calquera tipo de documento (libros, revistas, audiovisuais…) de forma temporal ou indefinida. En caso de roubo, destrución ou deterioración irreparable do computador ou dos seus accesorios a persoa usuaria deberá repoñer o equipo por outro de similares características, cuxo valor aproximado acordardarse ou, no seu caso, deberá reparar o dano causado. Mentres non se leve a cabo a reposición quedará suspendido/a do servizo de préstamo de calquera material.
Uso responsable
Ao igual que no resto de ordenadores de uso público, non se permite o uso do aparello para grabar ou descargar software ilegal, nin para acceder a contidos pornográficos, violentos ou xenófobos de internet.
A persoa usuaria é a única responsable do portátil, polo que non debe deixalo nunca sen vixilancia nin deixarllo usar a ninguén. Non está permitido manipular nin o hardware nin o software do equipo.