Din que quen fai un cesto, fai un cento…
Hoxe aprendimos a facer un cesto con pequenos anacos de papel de xornal enroscados cos que facer longas tiras e logo trenzalas ao xeito tradicional, como se fai co vimbio.
Saíron 12 cestos ben diferentes que logo pintamos de cores ou barnizamos.
Así que agora xa podemos facer cestos para poñer os calcetíns sucios, as gomas de borrar, os ovos de pascua ou para o que se nos ocorra.