Neste mes adicado á reciclaxe e no que temos en marcha o concurso “Isto non é unha caixa”, contamos coa inestimable axuda de Juan Juste, que nos axudou a construír cunha caixa de cartón o noso propio EMAKI, un teatriño tradicional xaponés a partir de pergamiños ilustrados.
En primeiro lugar cada participante creou a maqueta física do emakis coas distintas partes que o compoñen. Unha vez realizada esta parte máis técnica, tocou dar renda solta á imaxinación e á creatividade, e cada un inventou a súa propia historia nun rolo de papel que despois visionamos no teatriño. Os resultados falan por si mesmos!