Neste pequeno obradoiro pretendiamos afrontar dende cero as dificultades e dúbidas que tiñan as nosas usuarias na utilización dos seus dispositivos móbiles.
Así, nesta xornada puidemos aprender algúns usos das aplicacións de mensaxería e as súas características. Tamén aprendemos a empregar a Chave 365 e algunhas aplicacións coma a do Sergas para procurar citas médicas, xunto con outras útiles no día a día.
Os monitores responderon as dúbidas que ían xurdindo sobre temas de seguridade, das chamadas e mensaxes “spam”, así como o xeito máis seguro para pagar dende o noso teléfono.
Foron algunha das cuestión que traballamos neste obradoiro, e como quedaron pendentes moitas máis, decidimos continuar con esta iniciativa, así que se estás interesado podes poñerte en contacto coa biblioteca para que te informemos do seguintes cursos.