Contos Dakí Samanta Marinkovic Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Contos Dakí Samanta Marinkovic

O pasado 8 de abril celebrouse o Día Internacional do Pobo Xitano, data na que se conmemora o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres no 1971 e no que se instituíu a bandeira e o himno xitano. Por este motivo quixemos coñecer as historias da tradición xitana da man de Samanta Marinkovic, que nos amosou os contos que levaba a súa avoa na maleta. Historias que nos trasladaron en carreta por media Europa e na que atopamos príncipes, bruxas e tamén nenas moi espelidas con "Tres Lunares" no pé. Para rematar deixounos coa lectura deste poema de Papusza Lesie, ...Read More
Quico Cadaval Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Contos Dakí: Quico Cadaval

Como é habitual nas historias narradas por Quico demos voltas por diferentes puntos da xeografía galega. Nesta ocasión, partimos da Barbanza coas súas festas, romarías e os seus Santos curandeiros, San Brais, San Roque e San Bieto de Seráns. Desde Rianxo ata a comarca do Sar, viaxes en patelas de pintos, escachos e maragotas; protexidos polos anxos dos peixes. Grazas a Milucho soubemos a relación entre o diario de Ourense, La Región, e o coche de liña para voltar O Porriño despois dunha noite de gandaina por Ponteareas, pasando as sete curvas do Alto do Confurco. Rematamos na comarca de ...Read More
Contos Dakí: Soledad Felloza Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Contos Dakí: Soledad Felloza

Hoxe tivemos o pracer de contar con Soledad Felloza, que nos contou as historias da vida, da súa vida cotiá, da de agora e da de antes: a súa nai, o seu pai, a súa avoa, a súa infancia no Urugai e as súas propias experiencias: o seus zapatos Bergantiños (feitos por un emigrante galego), as súas visitas ao médico na Casa de Galicia, o autobús do colexio de don Xosé (outro emigrante galego)... Como di Soledad: "Trátase de contar as historias da vida, non é que eu sexa importante, senón que hai moita xente arredor de min con moitas ...Read More
Contos Dakí Yoshi Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

CONTOS DAKÍ. YOSHI HIOKI

Os Contos Dakí estrenaron o 2023 cunha sesión a cargo do narrador nipón Yoshi Hioki, que despois de 3 anos regresou á biblioteca para deleitarnos coas súas historias. A primeira era a dun home moi, moi pobre que vivía nunha casa chea de buratos e a través da fabulosa narración achegámonos tamén á cultura xaponesa para aprender, por exemplo, que na súa tradición existen máis de 8000 deuses distintos (como o da pobreza e a riqueza), que os nenos cando nacen traen unha presiña de sorte para a familia no seu puño pechado (e non debemos forzalos a abrilo) ou ...Read More
Contos Dakí Avelino González Biblioteca Neira Vilas Vigo

Contos Dakí: Avelino González

Cúmprense 50 anos en que a clase obreira de Vigo desafiou ao réxime franquista na folga xeral do 72 Avelino González quixo rememorar aquel acontecemento histórico na cidade, pola loita dos dereitos laborales e a recuperación da liberdade. Para poñernos en situación, narrou feitos sucedidos anteriormente na cidade, como a "Folga de mulleres de brazos caídos" na factoría Álvarez, polo ano 47. Non faltaron alusións ás carreiras dos traballadores dos estaleiros cos seus monos azuis perseguidos polos grises; ata coñecemos a "capela Sixtina" da clase obreira, localizada en Castrelos, así como á súa veciña Caldereta, á que encarceraron, pensando que ...Read More
Contos Dakí María de Pontragha Biblioteca Neira Vilas Concello de Vigo

CONTOS DAKÍ: MARÍA DA PONTRAGHA

Unha presa de contos de mulleres bravas! María da Pontragha chegou á biblioteca preparada para facernos pasar unha xornada inolvidable neste 25N acompañada de Miguelón Paz e a música do seu acordeón. María e Miguel contaron unha chea de contos protagonizados por mulleres, mulleres que loitaron pola súa liberdade e por vivir a súa vida como e con quen quixeron.
CONTOS DAKÍ: Vítor Fernandes e Estefânia Surreira Biblioteca Neira Vilas

CONTOS DAKÍ: Vítor Fernandes e Estefânia Surreira

Comezamos unha nova tempada de Contos Dakí, e con esta xa levamos dez! Para este estreo de tempada tivemos a sorte de contar con dous contadores portugueses Vítor Fernandes e Estefânia Surreira , que se achegaban á nosa biblioteca por primeira vez co seu proxecto "Dois dos montes", no que contaron e cantaron a historia de João Soldado e outros contos dos dous lados da liña. Unha divertida tarde na que puidemos gozar na biblioteca destes contos onde non faltaron bruxas, diaños, deuses, almas en pena, trasgos, pantasmas e moitos outros seres da mitoloxía popular preparando a xornada de Samaín ...Read More
María da Pontragha Contos Dakí Biblioteca Neira Vilas

Contos Dakí: María da Pontragha

María da Pontragha contou os contos de sempre, os dos vellos e os dos novos, os contos da vida cotiá, a dos pobos galegos onde a oralidade é moi importante. As relacións entre os veciños, a vida nos pobos, a forte unión entre mozos e vellos fan que os pobos sexan lugares de conservación das tradicións e da nosa cultura.
Contos Dakí: Brais das Hortas Biblioteca Neira Vilas Vigo

Contos Dakí: Brais das Hortas

Aínda que o refrán di que "en abril, augas mil", este mes poidemos gozar da sesión de Contos Dakí ao calorciño na nosa terraza, na compaña inestimable de Brais das Hortas, que nos trouxo o seu repertorio de contos de defuntos. Así foi como coñecemos historias de mozos que non puideron escapar da morte ou de vellos que en plena extrema unción levantábanse para berrar "alma ponte quieta, e non lle fajas caso ó cura". Tamén contos de trasnos, de bruxas que tiñan que ir de Aquelarre a Sevilla, de amigos que "asaltan" cemiterios cando volven da festa ou da ...Read More
Contos Dakí Cris de Caldas Biblioteca Neira Vilas Concello de Vigo

Contos Dakí: Cris de Caldas

Cris de Caldas, unha das nosas contadoras habituais na sesións de contos infantís, hoxe estreouse no Ciclo Contos Dakí, e que mellor forma de facelo que tecendo un fío entre os contos da súa avoa Carmela e Dona Emilia. Cris relacionou os contos coas cereixas, sempre vai un detrás doutro, entre conto e conto de Carmela, escoitamos "Las Medias rojas", "Casi artista" e "Vampiro" De Emilia Pardo Bazán. Para rematar coñecemos a "beata, beata" do Foxo e quedou ben claro que fin de semana se celebra a Festa da Virxe da Regla. Como moi ben dicía Carmela, nas escaleiras do ...Read More