Contos Dakí: Avelino González
Aproveitando a chegada do tren a Ourense e o Primark a Vigo, os contos de hoxe tiveron un fío condutor ferroviario. O traxecto Vigo - Monforte deu para moito; aínda que non é nada se o comparamos co Xangai Express a Barcelona. Vigo, Redondela, O Porriño, Guillarei, Caldelas, Salvaterra de Miño, As Neves, Sela, Arbo, Crecente, Friera, Filgueira, Ribadavia, Ourense, Barra de Miño, Os Peares, San Pedro do Sil, San Esteve do Sil, Areas, Canabal, Monforte de Lemos. Cada apeadoiro ten a súa historia da que falar, estraperlo, cartillas de racionamento, fogueiros protestantes, cupletistas,… Non se podía acabar este percorrido
...Read More