Paula Carballeira Contos Dakí Biblitoeca Neira Vilas Concello de Vigo

Contos Dakí: Paula Carballeira

Contos de enxeño Paula Carballeira levounos de viaxe por media Europa coñecendo coas súas palabras e os seus contos a habilidade e a pericia dalgúns para escapar do perigo ou para conseguir o que desexan. Comezamos a viaxe en Armenia cun conto tradicional explicando as oportunidades que ás veces che ofrece a vida e que deixamos pasar sen decatarnos. Continuamos a nosa viaxe en Centroeuropa cunha versión da lenda de Barba Azul para chegar á nosa casa, aos Contos Dakí, onde o enxeño non falta xa sexa en fábulas, contos de peixeiras con moito xenio, labradoras con moito pronto ou ...Read More
Avelino González Contos Dakí Biblioteca Neira Vilas

Contos Dakí: Avelino González

Aproveitando a chegada do tren a  Ourense e o  Primark a Vigo, os contos de hoxe tiveron un fío condutor ferroviario. O traxecto Vigo - Monforte deu para moito; aínda que non é nada se o comparamos co Xangai Express a Barcelona. Vigo, Redondela, O Porriño, Guillarei, Caldelas, Salvaterra de Miño, As Neves, Sela, Arbo, Crecente, Friera, Filgueira, Ribadavia, Ourense, Barra de Miño, Os Peares, San Pedro do Sil, San Esteve do Sil, Areas, Canabal, Monforte de Lemos. Cada apeadoiro ten a súa historia da que falar, estraperlo, cartillas de racionamento, fogueiros protestantes, cupletistas,… Non se podía acabar este percorrido ...Read More
Contos Dakí Celso Sanmartín Biblioteca Neira vilas

Contos Dakí: Celso Sanmartín

Na biblioteca volvemos a gozar cunha nova sesión de Contos Dakí, desta vez da man de Celso Sanmartín. A velada foinos levando dun tema a outro, dende os métodos da logopedia tradicional como eran os trabalinguas (repitan: debaixo dunha pipa tinta hai unha pita pinta; cando a pipa tinta pinga, a pita pinta pía), a historias da emigración, tamén desa que despois da guerra volveu das cidades ás aldeas sen saber distinguir ben unha ovella dunha lebre. Polo camiño fóronse metendo tamén contos de curas, historias de misterio e coplas e cantigas acompañadas do son da pandeireta. E como deberes ...Read More
Contos Dakí Ángeles Goás Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Contos Dakí: Ángeles Goás

"CONTOS DA TORRE, DO FOCO E DE ROMARIZ" Ángeles Goás regresou a Contos Dakí para agasallarnos cos contos de Provecende, de Quende, de Villarente… contos de mulleres e de homes, de sabios e de parvos, de risa e de pranto. Contos que lle contaron, como a historia de Manuel moi preocupado por atopar unha boa e recatada muller, a historia do home que tiña dúas mozas e outras historias que leva con ela sempre para lembrar(nos) que hai que gozar da vida, tanto se estás na primeira o na segunda metade dela.
Contos Dakí Quico Cadaval Biblioteca Neira Vilas

Contos Dakí – Quico Cadaval

Inauguramos a nova tempada de Contos Dakí con Quico Cadaval, que nos contó historias de defuntos ambientadas, como é habitual, na comarca do Barbanza. Foi unha sesión moi biográfica na que coñecemos a gran parte da familia de Quico, mesmo descubrimos a primeira muller coa que se deitou. Seguindo os consellos para estar en paz cos defuntos, escachamos de risa para prescindir de rezos.
Xurxo Souto Contos Dakí Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

CONTOS DAKÍ: XURXO SOUTO

Para pechar este tempada (singular) de Contos Dakí aproveitamos que quentaba un pouco o sol e saímos a nosa terraza Liber para gozar o máximo posible desta sesión de contos realizada por Xurxo Souto Souto neste primeiro encontro co público da Neira Vilas realizou unha viaxe Pangalaica. Unha viaxe pola nosa cidade que comezou en Monte-Alto e levounos ata Lavadores; xa que "dende os ollos do océano, Vigo e A Coruña son a mesma cidade". Unha viaxe tamén con parada na ALDEA, nas aldeas de cada un de nós e das nosas propias orixes. Unha viaxe polas lembranzas musicais como ...Read More
Contos Dakí Celso Fdez. Sanmartín Biblioteca Neira Vilas Concello de Vigo

Contos Dakí: Celso Fdez. Sanmartín

Regresou aos Contos Dakí, Celso Sanmartín, como di el para contar "as historias de vida" das que fai reflexións, tamén para contarnos lendas, panxoliñas e para agasallarnos coas súas cantigas. Detívose nas súas lembranzas, e como as novas tecnoloxías mudan a nosa forma de entender o mundo e os nosos recordos, un mundo do que temos unha ventá aberta co móbil no noso peto. Tamén falou das lembranzas do noso pobo coas historias de sempre, as historias de lobos e de morte. Celso xogou con nós e ensinounos este trabalinguas e invitounos a repetilo en varias ocasións para aprendelo ben ...Read More
Contos Dakí Avelino González Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Concello de Vigo

Contos Dakí: Avelino González

Na nosa cita mensual cos Contos Dakí, e en véspera do Día Mundial do Teatro, visitounos un dos grandes da escena galega: Avelino González. E estando en tempos de pandemia era inevitable falar do virus... se o virus fose xente saberíamos mellor como tratalo, pero o virus non é xente, é discreto, aprende e adáptase silencioso ás circustancias sen queixarse... Pola contra, nós, a xente, sempre buscamos a forma de botarlle a culpa dos nosos problemas ós demais. Por iso Deus viulle moita utilidade ó Home que un día decidiu crear San Pedro, que era cuspidiño a nós pero ó ...Read More
Contos Dakí: Vero Rilo Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas de Vigo

Contos Dakí: Vero Rilo

Hoxe en Contos Dakí, Vero Rilo compartiu con nós unha chea de contos e historias de vida, desas contadas dende a emoción e que agochan boas dosis humor, pero tamén de sabedoría... Historias como as da visaboa da propia Vero, que sempre contaba que hai que dicir as cousas que non gustan; de Carmen a murciana, que conseguiu que o seu Bastián cumplise a palabra que lle dera (polo menos en parte); da señora Elvira, que cos seus dous dentes, tres pelos e 1 almorrana compartía con quen o precisase o pouco que tiña; ou a historia das lavandas da ...Read More
Contos Dakí: Celso Sanmartín - En liña

Contos Dakí: Celso Sanmartín – En liña

Conto da tradición oral de lobos e raposos na voz de Celso Fdez. Sanmartín https://vimeo.com/506025025 Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Celso Sanmartín.