Contos Dakí: Quico Cadaval

Cultura na taberna Esta tarde tivemos a sorte de degustar os mellores callos de Ribeira acompañados con galletas campurrianas; aínda que a combinación non pareza moi apetecible, a maridaxe foi perfecta. Quico Cadaval foi o encargado de iniciarnos na cultura de taberna, coa súa narración transportounos a Carreirana, onde os callos foron amenizados con contos de medo, historias de canteiros e curas, sen esquecer a visita da morte a Manuel de Mos. A maxia dos contos permitiunos viaxar ata Ribeira, cear uns callos con Manuel de Mos e a súa esposa; cumprindo debidamente as restricións correspondentes ao confinamento perimetral.
Contos Dakí: María da Pontragha Biblioteca Niera Vilas Concello de Vigo

CONTOS DAKÍ: MARÍA DA PONTRAGHA

Este venres estivo na biblioteca María da Pontragha acompañada pola arpista Bleuenn Le Friec para ofrecernos unha mestura de música e contos. María fíxonos viaxar a Compostela e a San André de Teixido cos seus contos e cantigas, e tamén á Pontragha, lugares onde se atopan personaxes ben curiosos e marabillosos. Ademais de amosarnos como é o son da arpa, Bleuenn tamén nos explicou como se toca e os elementos dos que está formada. As historias de María e a música de Bleuenn fusionáronse dun xeito delicioso ao igual que o fixo a mestura de sons de arpa e pandeireta.
Contos Dakí Vero Rilo Sonsoles Penadique Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Contos Dakí: Vero Rilo e Sonsoles Penadique

Bo tándem o de Vero e Sonsoles, narración e música Este venres estreáronse  Vero e Sonsoles en  Contos  Dakí, estamos  contentísimos coa nova fichaxe para as sesións de contos de tradición oral. Houbo risas con historias de gatos, paseos pola costa de Mugardos, algunha que outra bágoa emotiva, e sobre todo moita música popular. Con ganas da seguinte sesión!
Avelino González Balbino Memorias dun neno labrego Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Contos Dakí: Avelino González

Hoxe volveu Avelino González aos "Contos Dakí" para contar unha chea de historias... e entre elas alguna de Neira Vilas. Na sesión de hoxe, non podía faltar unha  pola de  sabugueiro, que aparece representada na obra máis recoñecida de Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, na que narra como era o estilo de vida nos anos corenta dun mozo campesiño nunha aldea gallega. Memorias dun neno labrego, Neira Vilas, Xosé Sabugueiro ou bieiteiro Arbusto da familia das caprifoliáceas, de dous a cinco metros de altura, co tronco de cortiza parda e engurrada e abundante miolo branco, moi ramificado, follas ...Read More

Día Mundial do Teatro

O 27 de marzo, celébrase, desde o ano 1961, O Día Mundial do Teatro. Ao redor do mundo, realízanse infinidade de accións escénicas, coa finalidade de afianzar a  esencialidade do teatro para a cultura a nivel mundial. Hoxe que todas as salas están pechadas a nivel mundial, pola alerta global sanitaria, queremos reincidir na súa importancia a nivel existencial. Tal día como hoxe, hai 58 anos o encargado en pronunciar a mensaxe internacional foi Jean Cocteau, o afamado poeta, dramaturgo francés; este ano a Mensaxe do Día Mundial do Teatro correspóndelle a  Shahid  Mahmood  Nadeem, xornalista paquistaní, dramaturgo, guionista, director de teatro, ...Read More