Para pechar o ciclo deste curso, os voluntarios quixeron adicar esta última sesión ao cantautor Joan Manuel Serrat.
Nesta xornada fixeron un percorrido pola súa discografía e achegaron con cada unha das súas letras unha lembranza das nosas vidas, de momentos especiais compartidos con amigos, de antigos amores e recordos de xuventude.
Percorrendo os versos das cancións de Serrat era imposible non evocar a melodía que as acompaña, e mentres que algún dos participantes recitaba as letras, escoitábase o murmurio destas melodías saídas dos beizos dos seus compañeiros e compañeiras.
Rematamos esta fermosa xornada cantando todos xuntos varias das súas cancións máis icónicas.