Estamos moi contentos de recibir onte o Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia polo proxecto Mapa Literario de Vigo.
O Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia e o recoñecemento ao labor das bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais de Galicia que leven a cabo proxectos e boas prácticas innovadoras, de utilidade para as persoas usuarias, sustentables no tempo e achegados ao contexto local no que se insiren.
Este ano o galardón, dotado cun único premio de 3.000 euros e un distintivo de biblioteca innovadora, recaeu na biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo, co proxecto Mapa literario de Vigo mediante o cal se creou unha páxina web que recolle en forma de liñas de transporte os diferentes escenarios que forman parte da trama de libros pertencentes a distintos tipos de xéneros literarios.
Moitas grazas ao xurado e as todas as persoas que o fixeron posible.
https://mapaliterariodevigo.com/
ligazóns relacionadas:
https://www.atlantico.net/content/print/biblioteca-neira-vilas-premiada-xunta/20191022001036735619
https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2019/10/22/mapa-literario-vigo-viaje-premio/2190183.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2019/10/25/mapa-literario/00031571985906377338665.htm