Retos de la cultura poscovid. Sostenibilidad, Ruralidades, Feminismo y Redes Colaborativas. Soutomaior. Pontevedra.
A Deputación de Pontevedra e a Asociación Galega de Profesionais de Xestión Cultural (AGPXC) organizaron o encontro “Retos da cultura poscovid”, unha cita que puxo en contacto a diferentes profesionais do sector cultural, tanto de entidades públicas coma privadas, ademais do tecido asociativo e as/os emprendedores de toda Galicia, especialmente da nosa provincia.
O punto de inflexión que supón a pandemia abre novos desafíos que afrontar para buscar e articular alternativas para o sector cultural. Así, neste coloquio participaron distintos profesionais do ramo e mostráronse exemplos inspiradores levados a cabo en Pontevedra.
A biblioteca Neira Vilas formou parte desta xornada sobre “Proxectos inspiradores na provincia de Pontevedra” co seu proxecto de integración Achegando Culturas, xunto a outras iniciativas como a Colección de libros Defensoras de Dereitos, Somos Terra, e A Casa Colorida.