Horario de apertura
O horario será o habitual da biblioteca:
Horario ordinario (Do 16 de setembro ao 14 de xuño)
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | |
Mañá | 10:30 14:00 | 10:30 14:00 | 10:30 14:00 | 10:30 14:00 | 10:30 14:00 | |
Tarde | 17:00 20:30 | 17:00 20:30 | 17:00 20:30 | 17:00 20:30 | 17:00 20:30 |
Horario de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro)
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | |
Mañá | 10:30 14:00 | 10:30 14:00 | 10:30 14:00 | 10:30 14:00 | 10:30 14:00 | |
Tarde | 18:00 20:30 | 18:00 20:30 | 18:00 20:30 | 18:00 20:30 | 18:00 20:30 |
Servizos dispoñibles
Préstamo con cita previa
Para levar documentos en préstamo será necesario solicitar unha cita previa, ben a través do teléfono 986 26 77 59 en horario de apertura ou do correo electrónico bpneiravilas@vigo.org.
Neste último caso, deberá indicarse:
Datos persoais:
- Nome e apelidos
- Número de carné
Datos referidos ás obras solicitadas:
- Título
- Autor
- Tipo de material (libro, DVD, Música, Revista)
A persoa solicitante será informada pola mesma vía en que solicitou cita do día e hora no que pode acudir a recoller os documentos, que lle serán proporcionados polo persoal da biblioteca, dado que a colección en libre acceso estará pechada ao público.
Convén consultar primeiramente o catálogo en liña da biblioteca para consultar se as obras desexadas están dispoñibles. Para limitar a busca débese seleccionar a biblioteca: Vigo – Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vila.
Devolución
Sempre que non se vaia levar material emprestado, a devolución das obras realizarase no buzón exterior da biblioteca, para o que non será preciso solicitar cita. En caso de ter cita para levar obras en préstamo, as devolucións efectuaranse no posto habilitado para tal fin á entrada da biblioteca.
As obras devoltas estarán 15 días en corentena antes de volver a estar dispoñibles para o préstamo. Esta información aparecerá reflectida no catálogo da biblioteca.
Información bibliográfica e referencia
As consultas atenderanse no teléfono 986 26 77 59 ou no correo electrónico bpneiravilas@vigo.org
Solicitude do carné de usuario/a.
Para obter o carné de usuario/a será necesario solicitar unha cita previa a través do teléfono 986267759 ou do correo electrónico bpneiravilas@vigo.org
Servizos non dispoñibles
- Estudo ou consulta en sala
- Reservas de libros
- Actividades culturais
- As coleccións en libre acceso permanecerán pechadas ao público, accesibles mediante o préstamo con cita previa
- NON se poderán utilizar os equipos informáticos de uso público
- NON se poderá acceder aos postos de consulta do catálogo en liña
- Calquera outro servizo destinado ao público distinto dos expresamente mencionados como dispoñibles
Normas para un uso responsable
- Para o acceso á biblioteca será obrigatorio o uso de máscaras hixiénicas.
- Na zona de acceso e nos puntos de contacto entre o persoal bibliotecario e o público situaranse dispensadores de xel hidroalcohólico ou desinfectantes autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade.
- Deberá manterse unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos 2 metros. A circulación pola bilbioteca farase polos percorridos establecidos e marcados para tal fin.
- Os lugares de atención ao público disporán de medidas de separación entre o persoal bibliotecario e as persoas usuarias.
- Nas dependencias da biblioteca instalaranse carteis e outros documentos informativos sobre os servizos dispoñibles e as medidas hixiénicas e sanitarias para o correcto uso dos mesmos.
- Recoméndase ás persoas usuarias que acudan á biblioteca de xeito individual. As nenas e nenos menores de 14 anos terán que acudir acompañados dunha persoa adulta.
- O acceso ás instalacións da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas só estará permitido para o desenvolvemento dos servizos expresamente autorizados neste documento e sempre con cita previa.
- As persoas usuarias deberán seguir en todo momento as instrucións do persoal da biblioteca. O persoal técnico do centro poderá solicitar o abandono inmediato das instalacións se detecta que se están a incumprir as normas recollidas neste documento.