O 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e a Nena na Ciencia, e para festexalo a biblioteca ofrece esta mostra do traballo de Deborah García Bello, lincenciada en Química e divulgadora científica.
García Bello mantén un blog de divulgación, Dimetilsulfuro, e dirixiu diversas xornadas de divulgación científica, como as de Arte & Ciencia no Museo Guggenheim de Bilbao ou a cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco.
Ademais é membro de Divulgaccion, da Asociación Española de divulgación Científica e colaboradora en diversos programas de radio e televisión como Efervesciencia, Órbita Laika e La hora de La 1.
Febreiro
Do 1 ao 28 de febreiro
Horario de apertura da biblioteca
Lista bibliográfica
Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo.