Naceu en 1940 en Bagno a Ripoli, preto de Florencia. Durante a súa adolescencia foi obreiro nunha fundición de aceiro. Sen cursar estudos artísticos, aos 18 anos estableceuse en Roma, onde traballou nun estudo de animación e como cartelista. En 1979, ilustrou o seu primeiro libro, pero a súa verdadeira carreira como ilustrador de libros infantís iniciouse a partir do seu encontro co editor suízo Etienne Delessert, para quen ilustrou “A Cincenta” (1983) e sobre todo a súa obra cume “Rosa Branca”, con texto de Christophe Gallaz (1985). Ilustrou, entre outros, álbums como “As aventuras de Pinocho”, “O Crebanoces”, “A historia de Erika”..
Roberto Innocenti recibiu o Premio Hans Christian Andersen de Ilustración en 2008 polo conxunto da súa obra.
Foi nomeado para o Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) en 2013 e 2014.
Xullo
Do 1 ao 31 de xullo
Horario de apertura da biblioteca
Lista bibliográfica
Lembrade que podedes consultar todas as obras en sala ou levalas para casa en préstamo.