Confinamento
A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas ofrece ás persoas usuarias que se atopen nunha situación de confinamento un “Servizo de Préstamo Especial a Domicilio”, unha asistencia personalizada coa fin de facilitar o acceso aos recursos dos que dispón.
As persoas que o desexen poden solicitar o préstamo de documentos (libros, peliculas, CD, revistas…) da súa elección ou seleccionados polo propio persoal bibliotecario, que recibirán no seu domicilio nun prazo máximo de 48 horas.
Ademais a biblioteca ofrecerá nestes envíos diferentes propostas de lecer segundo os gustos, as idades ou os grupos de convivintes que se atopen nese momento confinados no domicilio. Así poderán atoparse propostas de xogos e entretemento en familia, en parella ou individuais.
Teñen dereito a estes servizos:
- As persoas usuarias que se atopen en corentena e vivan no Concello de Vigo.
Para poder acceder a este servizo especial que a biblioteca ofrece é preciso estar inscrito/a como socio/a na Rede de Bibliotecas de Galicia.
Ademais a biblioteca ofrece:
Unha atención personalizada ás consultas: toda a aquela persoa que o desexe pode dirixir as súas consultas á biblioteca de forma virtual (correo electrónico) ou por teléfono. Persoal bibliotecario especializado encargarase de localizar e dar a información que precise.
Levar documentos aos domicilios particulares das persoas usuarias .
Aconsellar lecturas ás persoas usuarias.
Dar de alta no servizo de EfilmVigo.
Dar de alta no servizo de GaliciaLe.
Servizo de préstamo:
Requisitos:
- Ser socio/a da Rede de Bibliotecas de Galicia.
- Estar vivindo no Concello de Vigo.
- Estar en situación de confinamiento domiciliario.
Normas:
- Poderanse levar en préstamo todos os materiais que se emprestan na biblioteca (libros, revistas, material audiovisual)
- O número de préstamos que se pode levar é de 10 documentos (con un máximo de 5 libros, 4 DvD, 3 CD e 3 revistas) por un período máximo de 21 días, renovables por outros 21 días .
- A devolución do material emprestado terá que realizarse pola persoa usuaria na biblioteca.
- O servizo está limitado a un único pedido por domicilio durante o período de corentena.
- Reservas e renovacións. Pódense realizar tanto reservas como renovacións por vía telefónica, correo electrónico ou en liña a través do programa de xestión da propia biblioteca.
- O reparto dos préstamos especiais realizados solicitados polas persoas demandantes realizarase en 48 horas.
- O servizo de préstamo poderá ser suprimido temporal ou permanentemente no caso de que non exista demanda para dito servizo.
- Este servizo ten un máximo de envíos semanais fixado pola Biblioteca Pública Municipal Neira Vilas (10 por semana)
- O Servizo de Préstamo a Domicilio está delimitado ao domicilio particular da persoa usuaria na área do Concello de Vigo.
- As peticións dos documentos realizarase de luns a sábado no teléfono 986 267 759 (en horario de apertura da biblioteca) ou no correo electrónico bpneiravilas@vigo.org.
- A perda ou material suporá repoñer o documento extraviado ao estragado, ou outro de similares características a proposta da biblioteca.
- As persoas beneficiarias do “Servizo de Préstamo a Domicilio: Confinamiento” tamén deben cumprir as normas de funcionamento da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas e de non ser así seranlles de aplicación o establecido no “Procedemento de sancións e faltas”.
- A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas pode dar de baixa do Servizo de Préstamo a Domicilio a unha persoa usuaria deste servizo se non cumpre as normas.