Horario de apertura
Horario de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro)
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | Sábado | |
Mañá | 10:30 14:00 | 10:30 14:00 | 10:30 14:00 | 10:30 14:00 | 10:30 14:00 | |
Tarde | 18:00 20:30 | 18:00 20:30 | 18:00 20:30 | 18:00 20:30 | 18:00 20:30 |
Servizos dispoñibles
Préstamo (sen cita previa)
A colección en libre acceso permanecerá pechada ao público e será o persoal da biblioteca o que proporcione os documentos solicitados.
- Para levar documentos en préstamo non será preciso solicitar cita.
- Convén consultar primeiramente o catálogo en liña da biblioteca para comprobar a dispoñibilidade das obras.
- Para limitar a busca débese seleccionar “Vigo-Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas”.
- Recoméndase a petición anticipada das obras desexadas no teléfono 986267759 ou no correo electrónico bpneiravilas@vigo.org.
- Unha vez feita a petición, a persoa usuaria disporá de 3 días para recoller as obras solicitadas.
- Así mesmo, reactívanse as reservas de documentos emprestados.
Devolución (sen cita previa)
A devolución das obras realizarase no buzón exterior da biblioteca.
- En caso de querer levar novas obras en préstamo, as devolucións efectuaranse no posto habilitado á entrada da biblioteca.
- As obras devoltas estarán 15 días en corentena antes de volver a estar dispoñibles para o préstamo. Esta información aparece reflectida no catálogo da biblioteca.
Información bibliográfica e referencia
As consultas atenderanse no teléfono 986 26 77 59 ou no correo electrónico bpneiravilas@vigo.org
Solicitude do carné – alta en eFilmVigo (sen cita previa)
Para obter o carné de usuario/a ou darse de alta en EfilmVigo será preciso acudir á biblioteca co DNI.
- Para axilizar os trámites, pódese cubrir o formulario de autorrexistro dispoñible na páxina web (Servizos en liña – solicitude de carné), pero será necesario despois achegarse físicamente á biblioteca para recoller a tarxeta e validar a solicitude.
Servizos non dispoñibles
- Estudo ou consulta en sala
- Actividades culturais
- As coleccións en libre acceso permanecerán pechadas ao público, accesibles mediante o préstamo con cita previa
- NON se poderán utilizar os equipos informáticos de uso público
- NON se poderá acceder aos postos de consulta do catálogo en liña
- Calquera outro servizo destinado ao público distinto dos expresamente mencionados como dispoñibles
Normas para un uso responsable
- Para o acceso á biblioteca será obrigatorio o uso de máscaras hixiénicas.
- Na zona de acceso e nos puntos de contacto entre o persoal bibliotecario e o público situaranse dispensadores de xel hidroalcohólico ou desinfectantes autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade.
- Deberá manterse unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos 2 metros. A circulación pola bilbioteca farase polos percorridos establecidos e marcados para tal fin.
- Os lugares de atención ao público disporán de medidas de separación entre o persoal bibliotecario e as persoas usuarias.
- Nas dependencias da biblioteca instalaranse carteis e outros documentos informativos sobre os servizos dispoñibles e as medidas hixiénicas e sanitarias para o correcto uso dos mesmos.
- Recoméndase ás persoas usuarias que acudan á biblioteca de xeito individual. As nenas e nenos menores de 14 anos terán que acudir acompañados dunha persoa adulta.
- O acceso ás instalacións da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas só estará permitido para o desenvolvemento dos servizos expresamente autorizados en cada momento.
- As persoas usuarias deberán seguir en todo momento as instrucións do persoal da biblioteca. O persoal técnico do centro poderá solicitar o abandono inmediato das instalacións se detecta que se están a incumprir as normas recollidas neste documento.