by Biblioteca Neira Vilas | Set 9, 2021 | Encontro con escritoras
Pechamos as Terrazas de Verán da Neira Vilas co encontro coa escritora María Reimóndez, nunha estupenda velada que nos permitiu achegarnos ao seu universo literario, que transita por xérneros como a poesía, a novela ou o ensaio.
Así, ao longo da conversa co público asistente compartimos reflexións sobre os temas de fondo que están sempre presentes na súa obra, como o feminismo, a defensa da lingua, o medio ambiente, a relación de Occidente cos países do Sur… Reflexións que a míudo nos sitúan en posicións incómodas como lectores, que nos sacan das nosas zonas de confort para achegarnos realidades que por veces se nos escapan e outras non queremos ver.
Un pracer en definitiva poder compartir este faladoiro, co que quedamos xa con ganas de entregarnos á seguinte lectura desta formidable escritora.
by Biblioteca Neira Vilas | Abr 23, 2020 | Día do Libro
Hoxe, un día máxico para as bibliotecas, aínda que as nosas portas estean pechadas, queremos poñer en valor o legado literario e editorial da nosa lingua.
Propoñémosvos a seguinte adiviña. Unha pequena escolma de obras de autores e autoras en lingua galega, non están todas, por que sería irrealizable e mesmo algunhas serían imposible representar en iconas.
Solucións
Queremos, que nun día tan representativo como hoxe, nos acordemos da transcendencia dos libros nas nosas vidas.
by Biblioteca Neira Vilas | Xul 20, 2019 | Mapa literario de Vigo, Patrimonio Literario, Promoción Lectora, Reto lector
RETO LITERARIO: O MAPA LITERARIO DE VIGO
En vías de extinción
Reimóndez, María
Ed. Xerais
Máis fotos dende a praia...
ILLA DE TORALLA
"O día está anubrado e case non hai xente cando cruzan cara á illa de Toralla."
https://mapaliterariodevigo.com/libro…/en-vias-de-extincion/
https://mapaliterariodevigo.com