Un ano máis regresaron as Terrazas á biblioteca na nosa programación de verán
Nesta ocasión visitounos a escritora Arantza Portabales para este encontro informal co noso público usuario onde gozamos da xornada acompañados do bo tempo estival.
Arantza desvelounos algúns dos segredos da serie dos inspectores Abad e Barroso e como os casos destes dous policías serven para transmitirnos as historias que a autora quere realmente contar, tratando temas como a idealización do pasado, a amizade, as dificultades da comunicación actual ou a beleza e a dor que se atopan na arte.
Portabales tamén explicou o seu método de escrita, que autores lle gusta ler, ou a que cree que se debe o éxito da novela negra na actualidade, entre outros temas que foron saíndo nesta xornada tan entretida..
Esperámosvos nas Terrazas o próximo verán.