A biblioteca participou xunto á Universidade de Vigo na N- Night, Noite Galega das Persoas Investigadoras
Nesta xornada centos de investigadores e investigadoras achegan a ciencia a rúas, museos, institucións educativas ou locais de ocio, este ano baixo o lema “Conciencias Creativas”.
Na biblioteca tivemos a sorte de contar cos investigadores Ana Larrañaga e Jesús Rico (de xeito on line dende a Technical University Dortmund en Alemaña), ambos Graduados en Enxenería da Enerxía pola Uvigo e que traballan no campo da eficiencia enerxética e a sustentabilidade. Así, presentaron a charla “Na procura da pontencia perdida: A España solar que non foi”, coa que nos propuxeron unha achega á realidade da enerxía solar en España, vendo a diferencia con outros países como Alemaña. Explicaron ademais o funcionamento dos paneis solares, asúa vida útil, a contaminación que estos supoñen ou o que poderíamos facer coa enerxía solar xenerada e como se almacena a enerxía sobrante.
Foi unha xornada de divulgación científica moi entretida e interesante na que o público asistente estivo moi interesado durante a chala e foi moi particípativo nas súas preguntas.