Xoán Curiel regresou á biblioteca para realizar un concerto na na nosa Terraza Liber, un concerto onde puidemos escoitar cancións dos seus traballos anteriores “Ecuacións”, “Nai” e “Magnético zen” e no que tamén adiantou algún tema dos seus novos proxectos.
Gozamos do solpor desta tarde de verán coas súas versión dalgúns dos poemas de Antón Fraguas, a quen se lle adicou o Día das Letras Galegas en 2019, e tamén textos de Carvalho Calero, autor homenaxeado este 2020.