Un ano máis achegáronse á biblioteca o alumnado de 2º curso de Integración Social do Colexio San A función social das biblioteca.Visita do alumnado do ciclo de Integración Social do CPR San José de la Guía.
Nesta visita o alumnado puido coñecer as instalación, os servizo e as actividades que ofrece a biblioteca, destacando aqueles que poder serlle de utilidade o día da mañá nos seus futuros traballos no campo da Integración Social.
Ademais falamos do proxecto das bibliotecas dende o ámbito social, e como se transformaron neses “Palacios do pobo” que como espazos públicos axudan a crear e a fortalecer comunidades, contribuíndo ao capital social proposto por Erick Klinenberg.
Achegámonos tamén á idea de Ray Oldenburg de biblioteca como 3ª Lugar, un espazo de interacción social libre e informal que é esencial para a democracia, incidindo na idea de que as bibliotecas son lugares de coñecemento e cultura compartida e de participación cidadá.