Rematou este curso tan diferente, un curso no que tivemos tod@s que adaptarnos as circunstancias e no que non puideron vir os coles á biblioteca, xa que as normas sanitarias non permitían as visitas de grupo ás bibliotecas.
Así que decidimos coller as maletas e ir nos aos centros de ensino para “amosar” a biblioteca e contar os nosos Contos de Villanos: contos de Bruxas, de Lobos e de Ogros.
Nestes viaxes contamos e amosamos contos clásicos como A casiña de chocolate, A raíña das neves, Os tres porquiños ou Polgariño pero tamén falamos de como evolucionaron estes malvados hasta os nosos tempos ata converterse nos protagonistas das historias de hoxe en día, tamén das series, películas e dos cómics.
Descubrimos como diferenciar a unha bruxa gracias a Roald Dalh, tamén o gusto dos ogros pola música das arpas douradas e todas as habilidades dos lobos para enganar as súas vítimas, xa sexan avoas, porquiños ou cabritos.
Pero tamén atopamos bruxas boas como Brunilda, e ogros noutro lado do libro e tamén, como nos amosou Goytisolo, Lobitos buenos.
Durante estes meses visitamos 11 centros de ensino, realizamos 92 visitas nas que participaron un total de 2030 escolares e 122 profes.